
Repaso do curso
METACOGNICIÓN
I. Comprensión dos contidos e conceptos clave:
Explica coas túas propias palabras a relación entre o Antigo Réxime e a Revolución Francesa. Que aspectos de ambos períodos che resultaron máis difíciles de comprender e como os superaches?
Primeiro compre identificar as características do Antigo Réxime, un sistema político, económico e social que se deu en parte de Europa durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Nese período histórico, rexións coma Francia, contaban cunha monarquía absolutista, onde o rei concentraba os tres poderes do Estado (lexistativo, executivo e xudicial), ademáis de que era unha das principais figuras que representaba o principio de autoridade. Por outra parte, había unha economía protecionista, e a sociedade estaba dividida en estamentos (privilexiados e non privilexiados). Cabe destacar, que nesta época comezaba a influir o pensamento ilustrado, con figuras como Voltaire, Rousseau e Montesquieu que promovían a razón, igualdade e libertade. Con todo esto, Francia encontrábase nunha situación crítica, e o descontento popular aumentou polas desigualdades sociais, a crise económica, o goberno autoritario ineficaz, e a influencia dos ilustrados, causando que a Revolución francesa comezase coa Toma da Bastilla en 1789 polas clases baixas (aínda que os historiadores plantean outras fechas).
Persoalmente, os aspectos que me resultaron máis difíciles, foron quizáis, manexar con habilidade conceptos como principio de autoridade, economía protecionista, ou identificar a que autor pertencían as distintas obras ilustradas. Pero do resto, creo que foron dous períodos que comprendín desde o principio, aínda que me custase un pouco o principio unilos dunha forma clara.
Identifica polo menos tres causas e tres consecuencias fundamentais da Primeira Guerra Mundial. Cres que entendiches a complexidade deste conflito? Que estratexias empregaches para diferenciar entre causas e consecuencias?
Algunhas das causas da Primeira Guerra Mundial, foron a competencia colonial e industrial entre as potencias europeas, o auxe do nacionalismo e o sistema de alianzas [a Triple Alianza (Alemaña, Austria-Hungría e Italia) e a Triple Entente (Reino Unido, Francia e Rusia)´]. Por outra parte, algunhas das consecuencias desde conflito foron a morte de millón de soldados e civiles (ou que resultaron feridos), pérdidas territoriais e crise económica debido as altas débedas e que tiñan paises vencidos como Alemaña, e a creación da Sociedade de Nacións, unha organización para promover a paz e a cooperación entre paises, pero non foi efectiva.
Creo totalmente que entendín a complexidade deste conflito. Aínda que non, profundizamos en algúns aspectos, coma as batallas, son consciente da fatalidade do conflito e as consecuencias morais e éticas que acarreou, a parte de que estudar as causas e consecuencias desta guerra, permíteme en parte entender as relacións e actos de certos países na actualidade.
Para diferenciar entre causas e consecuencias non utilicei ningunha estratexia concreta, pero para estudar axudáme bastante situar os acontecementos antes e despois do feito estudado nunha liña do tempo.
Como poderías explicarlle o concepto de "totalitarismo" a alguén que non estudou historia? Que características principais destacarías e que exemplos usarías para axudalo a comprendela mellor?
O totalitarismo é un termo que describe a réximes políticos donde o Estado/goberno exerce un poder total sobre a sociedade, limitando a libertade das persoas. Tamén se podería enterder como o contrario da democracia e do liberalismo, que defenden os dereitos dos individuos.
Unha característica principal destes réximes é o control dos medios de comunicación e a propaganda, para así manipular a opinión pública e só impartir a ideoloxía do partido que goberna, por exemplo na época da Alemaña nazi, eran común os folletos que engrandecían a figura do fuhrer, e "pintaban" o inimigo como máis débil e inferior. Outras características dos totalitarimos e a represión e a libertade de expresión, xa que se prohibían partidos e movementos que non estaban de acordo co goberno, ademáis de que se limitaba a capacidade de que as persoas expresasen a súa opinión crítica publicamente.
Se tiveses que resumir a idea principal da Guerra Fría nunha frase, cal sería? Que conceptos clave asocias con este período e como che axudaron a construír esa idea?
Eu creo que a idea principal da Guerra Fría é a división do mundo en dous bloques ideolóxicos: capitalismo vs comunismo.
Este foi un período de enfrontamento militar, social, econímico e propagandístico. Estes conceptos clave refléxanse moi ben nos distintos conflitos da Guerra Fría (Crise de Berlín, Guerra de Corea, Guerra de Vietnam, Crise dos misiles en Cuba, conflito árabe-israelí), o que me axudou a construía esta idea. En todos eles hay un enfrontamento entre países no que unha parte é apoiada por EE.UU. e a outra pola URSS, cada potencia defendendo e intendando implantar a súa ideoloxía, capitalismo e comunismo repsectivamente.
Reflexiona sobre a Transición española. Que aspectos deste proceso che resultan máis relevantes para comprender a España actual? Que dificultades atopaches para comprender a complexidade deste período e como as abordaches?
A Transición española foi clave para entender a España actual, xa que marcou o paso da ditadura á democracia. Parecéronme relevantes o consenso político, a Constitución de 1978 e a creación do Estado autonómico, a parte do papel de figuras como Adolfo Suárez ou o rei Juan Carlos I, así como a cidadanía, que demandaba liberdade e cambio desde un comezo.
Para mín, o período en sí é bastante complexo, e encontrei un pouco de dificultade en conseguir unha visión máis detallada do proceso da transición desde tensións, demandas sociais e reformas a través do pacto dos partidos, ata o sistema político e social que temos na actualidade. Neste caso, como foi o último período que vimos na asignatura, tratei de entendelo mellor a través de vídeos ou series como "Las Abogadas".
II. Proceso de aprendizaxe e estratexias de estudo:
Cando te enfrontas a un tema novo en Historia, cales son os primeiros pasos que das para intentar comprendelo? Que estratexias che resultan máis útiles (lectura, diagramas, mapas conceptuais, vídeos, etc.) e por que?
Durante este curso, que tipos de actividades ou tarefas che axudaron máis a comprender o contido histórico? Por que cres que foron eficaces para ti?
Cando non entendes algo na clase de Historia, que fas? Pides axuda, buscas información adicional ou o deixas para máis tarde? Que estratexia che funcionou mellor?
Que importancia lle dás á lectura de materiais de libro de texto e outras fontes ao aprender Historia? Como organizas a túa lectura para extraer a información máis relevante?
Describe unha situación na que te decataches de que cometeras un erro na túa comprensión dun evento histórico. Como corrixiches esa comprensión e que aprendiches desa experiencia?
III. Aplicación das competencias históricas:
Ao analizar un documento histórico (texto, imaxe, mapa, etc.), que pasos segues para interpretalo correctamente? Que información buscas primeiro e como a relacionas co contexto histórico?
Como empregaches información de diferentes fontes (libros, internet, documentais) para construír o teu propio coñecemento sobre un tema histórico? Aprendiches a identificar información fiable e contrastar diferentes puntos de vista?
Se tiveses que explicarlle a un compañeiro a importancia de estudar historia, que lle dirías? Cres que a historia nos axuda a comprender o presente e a desenvolvernos como cidadáns críticos? Por que?
No estudo dos conflitos históricos, que papel cres que xoga a empatía á hora de comprender as motivacións dos diferentes actores implicados? Tentaches poñerte na pel de persoas doutras épocas para comprender as súas decisións?
Que habilidades cres que desenvolveches durante este curso de Historia que che serán útiles noutras materias ou na túa vida diaria? Pensa nas habilidades analíticas, a síntese, a argumentación, a busca de información, etc.
IV. Autoavaliación e regulación da aprendizaxe:
Nunha escala do 1 ao 10, como cualificarías o teu propio progreso en Historia este ano? Xustifica a túa resposta mencionando os teus puntos fortes e as áreas de mellora.
Que estratexias ou hábitos de estudo poderías mellorar para o próximo ano en Historia ou noutras materias? Sé específico.
Que dificultades ou desafíos persisten na túa aprendizaxe da Historia? Como cres que poderías abordalos no futuro?
Que che gustaría seguir aprendendo ou afondar en relación coa Historia? Hai algún período ou tema que espertou o teu interese especial?
Se puideses darlle un consello a un alumno que comeza 4º da ESO en Historia o próximo ano, que lle dirías para axudalo a sacar o máximo proveito da materia?