Contextualización do século XIX en España

Un período de transformación e inestabilidade


Liña do tempo do século XIX en España (feita en Canva). A orde da liña segundo a imaxes é de arriba a abaixo...

Pequena liña do tempo sobre o proceso de independencia da colonia hispanoamericanas...


Un período de cambios e convulsións en España...

O século XIX considérase unha época de grandes cambios e convulsións en España debido ás transformacións políticas, sociais e económicas que marcaron este período. A comezos do século, España enfróntase á Guerra da Independencia (1808-1814) contra os franceses, un conflito que debilitou o país e iniciou un proceso de crise interna. Durante esta guerra, promulgouse a Constitución de Cádiz de 1812, un intento de modernizar o sistema político.

Con todo, a restauración de Fernando VII no trono marcou o retorno ao absolutismo, o que xerou tensións entre conservadores e liberais, resultando en conflitos como o Trienio Liberal (1820-1823) e as Guerras Carlistas. Durante o reinado de Isabel II, os cambios de goberno constantes e o caciquismo, un sistema no que os caciques locais controlaban a vida política mediante a manipulación e o clientelismo, crearon unha democracia superficial onde o fraude electoral era habitual.

A Revolución da Gloriosa de 1868 puxo fin ao reinado de Isabel II, dando paso a unha etapa de experimentos políticos, como a curta Primeira República (1873-1874), que fracasou por falta de estabilidade. Coa Restauración borbónica e a Constitución de 1876, consolidouse o sistema de alternancia entre os partidos liberal e conservador, pero este seguía controlado polos caciques.

Ao final do século, a perda das últimas colonias en 1898 (o Desastre do 98) xerou un sentimento de crise nacional. Estes eventos, xunto coas loitas sociais e o inicio da industrialización, fixeron do século XIX un período de profunda inestabilidade e transformación.


Mapa mental (feito en Canva) dalgúns conceptos clave do século XIX en España...

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar