
Contexto histórico
Contexto histórico
Influencia da Revolución Francesa (1789-1799) e o fracaso do Directorio (1795-1799).

O comezo da carreira de Napoleón Bonaparte deuse coa Revolución Francesa. Este período de revoltas políticas, económicas e sociais eliminou a morarquía absoluta e consolidou conceptos como a igualdade e a soberanía popular. A revolución debilitou o Antigo Réxime e xerou oportunidades para líderes políticos ambiciosos. Un deles foi Napoleón, que destacou como oficial nas guerras revolucionarias, defendía a nova república contra as monarquías europeas que querían restablecer o poder real. O Directorio era un goberno débil que tivo que facer fronte a varias conspiracións (a Conxura dos Iguais, a revolta dos Realistas...), o que provocou a súa impopularidade. Napoleón aproveitou esta situación, e co apoio da burguesía, o 18 de brumario (9 de novembro, 1799) deu un golpe de Estado, asumindo o control político e estabecendo o Consulado.
Ascenso ao poder e Consulado (1799-1804)
Como se meciona no texto anterior, o 9 de novembro de 1799 tivo lugar o Golpe de Estado de Brumario, unha acción política e militar liderada por Napoleón Bonaparte que derrocou o Directorio. Este feito marcou o inicio do Consulado, un novo réxime no que Napoleón foi nomeado primeiro cónsul, e máis tarde en 1802 cónsul vitalicio. Así, posicionouse como principal líder de Francia e acumulando un poder case absoluto.
Durante esta etapa Napoleón levou acabo un conxunto de reformas, enamiñadas a reorganizar a sociedade francesa e consolidar os ideais da Revolución. As reformas máis destacadas foron:
- Código Civil (Código Napoleónico): unificou as leis de Francia, garantizando a igualdade ante a lei, o dereito a propiedade privada e a liberdade contractual. Foi un dos legados máis duradeiros de Napoleón e influíu en sistemas legais de todo o mundo.


- Concordato coa Santa Sé: logrou a reconciliación entre o Estado francés e a Igrexa católica, garantizando a libertad religiosa pero mantendo o control estatal sobre a igrexa.
- Banco de Francia: reforma para estabilizar a economía, promovendo o comercio e garantindo o acceso ao crédito.

- Reformas administrativas: implantou unha estrutura centralizada, nomeando prefectos para gobernar as provincias francesas, asegurando o control directo do goberno.
- Reforma educativa: creou unha rede de escolas públicas, promovendo o mérito e a preparación técnica.