Liberalismo e Guerras Carlistas

Conflitos entre modernidade e tradición


Partidos políticos...

Partidos Liberais

Organización política que defendía os principios do liberalismo, un movemento ideolóxico que xurdiu en oposición ao absolutismo e buscaba establecer sociedades baseadas nos ideales de liberdade individual, igualdade ante la lei e soberanía popular. 


Ideas Principais:

  1. Soberanía nacional (o poder debía residir no pobo, representado a través das Cortes)
  2. División de poderes (lexislativo, executivo e xudicial)
  3. Igualdade ante a lei
  4. Dereitos individuais (expresión, imprenta, culto, etc. Aínda que con certas restricións)
  5. Estado laico ou con control sobre a Igrexa
  6. Constitucionalismo

Obxectivos:

  1. Modernización do Estado (centralizado e eficiente)
  2. Reformas económicas (desamortizacións e comercio libre)
  3. Educación pública
  4. Redución do absolutismo
  5. Unidade nacional (eliminar diferenzas administrativas e legais entre rexións)

Partidos Carlistas

 Organización política que xurdiu en torno o movemento carlista, que defendía os dereitos ao trono da rama tradicionalista dos Borbóns frente aos liberales. Este movemento naceu trala morte de Fernando VII (1833), cando un conflicto sucesorio enfrentou aos partidarios do seu irmán Carlos de Borbón cos da súa filla Isabel II, apoiada polos liberais. 


Ideas Principais:

  1. Monarquía lexitimista (apoio a unha liña dinástica alternativa á dos Borbóns isabelinos)
  2. Tradicionalismo político (todo o poder reside na monarquía)
  3. Foralismo (autonomía e diferenciación fiscal nas rexións)
  4. Relixión católica como base da sociedade
  5. Oposición á modernización liberal                (rexeitamento a reformas como a desamortización, industrialización descontrolada...)

Obxectivos:

  1. Restauración da orde tradicional (recuperar sistema político e social do Antigo Réxime) 
  2. Defensa dos valores relixiosos e morais
  3. Reinstauración da monarquía tradicional 
  4. Preservación dos foros (manter dereitos e privilexios históricos das rexións forais, en vez de centralizar o Estado)
  5. Combate ao liberalismo

Autobiografía dun personaxe relevante da época...


Dúas caras da política española no século XIX...

   Á morte de Fernando VII en 1833, a súa filla Isabel II herdou o trono con só tres anos de idade. Ao ser menor a súa nai, María Cristina, tivo que asumir a rexencia. O goberno quixo manter o absolutismo, pero a guerra carlista forzou a rexente a buscar apoio do liberalismo, dividido en moderado e progresista. 

   Aínda que estas dúas correntes pertenzan ao mesmo campo ideolóxico, tiñan bastantes diferenzas entre elas, todas realicionadas coa política. Comezo ca soberanía; mentres os moderados defendían que ésta debía estar compartida entre as cortes e o rei ou raína, os progresistas sostiñan que debía ser nacional. Segundo os moderados o sufraxio censatario debía ser restrinxido, e segundo os progresistas, máis amplo. Falando da división de poderes, cada partido defendía unha estructura diferente; segundo os moderados, o poder lexislativo tiña que estar nas Cortes co monarca (Parlamento bicameral> Congreso e Senado), o poder executivo no monarca (que nomea o goberno), e o xudicial en tribunais e xuíces. Por outra parte, a división de poderes segundo os progresistas, expoñía que o poder lexislativo residía nas Cortes (Parlamento unicameral> parlamento), e os organismo onde reside o poder executivo e xudicial coincidía coa ideoloxía dos moderados

  Referíndose ás atribucións do rei ou raíña, ambos partidos coincid´´ian en que executar as leis, disolver o Congreso e dirixir a política, pero o monarca só podía nomear os senadores segundo a ideoloxía dos moderados. Mentres os moderados defendían dereitos individuais limitados, os progresistas abogaban por máis amplitude neste término. Por último, referíndonos a un Estado confesional católico, os progresistas defendían a liberdade ó culto, pero os moderados non.


Guerras Carlistas: Disputa dinástica, ideolóxica e rexionalismo en España...

   As Guerras Carlistas foron conflitos civís que tiveron lugar en España no século XIX, debido a varias causas políticas, ideolóxicas e sociais. Estas guerras enfrontaron aos partidarios do absolutismo, que apoiaban a Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII, cos liberais que defendían a futura raíña Isabel II.

   A principal causa das Guerras Carlistas foi a sucesión ao trono tras a morte de Fernando VII en 1833. A súa filla Isabel II foi proclamada raíña baixo a rexencia da súa nai, María Cristina. Sen embargo, os seguidores de Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII, consideraban que el debía ser o rei, pois a lei sálica impedía que as mulleres herdasen o trono. Isto levou á división da monarquía e á loita polo poder. 

   Os carlistas defendían o absolutismo, un sistema no que o rei tiña todo o poder sen limitacións. Por outra parte, os liberais avogaban por unha monarquía constitucional, na que se limitase o poder do monarca e se establecesen dereitos e liberdades para os cidadáns. Esta loita ideolóxica entre os que querían conservar as tradicións e os que buscaban modernizar o país foi outra causa das Guerras Carlistas. 

     O carlismo tamén tivo un forte apoio en rexións como o País Vasco, Navarra e Cataluña, onde había un sentimento de defensa dos dereitos e costumes locais. O movemento carlista atopou nestas zonas un apoio considerable, xa que moitos consideraban que as reformas liberais ameazaban as súas estruturas tradicionais. Este apoio rexional fixo que as guerras tiveran un carácter localista, con fortes loitas pola autonomía das rexións fronte á centralización do poder en Madrid.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar