Carlos III

Un rei esencial para a modernización de España...

Carlos III (1716-1788), chamado "o Político" ou "o Mellor Alcalde de Madrid", foi rei de España desde 1759 ata 1788. Era fillo de Filipe V e, antes de ser rei en España, gobernou en Nápoles e Sicilia, onde comezou a aplicar as súas ideas de modernización. Cando chegou ao trono español, intentou mellorar o país baixo as ideas do Despotismo ilustrado, un movemento que defendía o uso da razón para alcanzar o progreso e a felicidade (normalmente do monarca, como indica a cita: "Todo para o pobo, pero sin o pobo.").

Durante o seu reinado, levou a cabo moitas reformas para modernizar a economía, mellorar as comunicacións e impulsar o comercio. Mandou construír estradas e canles, para facilitar o transporte e a conexión entre cidades. Tamén se preocupou pola educación e a cultura, fundando o Real Gabinete de Historia Natural, e apoiando a creación de escolas e academias.

Por outra parte, Carlos III quixo cambiar Madrid para convertela nunha cidade máis moderna, polo que mandou construír edicifacións como a Porta de Alcalá e mellorou outras como o Paseo do Prado. Outra das súas decisións relevantes foi a expulsión dos xesuítas, xa que quería reducir o poder da Igrexa, para que o Estado tivera máis control sobre os asuntos do país.

Gracias a todas estas accións, Carlos III é considerado un rei clave na historia de España, porque sentou as bases da modernización e do avance do país.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar