Caída e legado

Caída e legado


A invasión de Rusia en 1812 foi un fracaso decisivo para Napoleón. O exército ruso evitou confrontacións directas e empregou a táctica de terra queimada, destruíndo recursos para impedir que os franceses os utilizasen. Ademais, as malas condicións climátivas provocou unha eorme perda no Grande Armée, xa que de 600.000 soldados, só regresaron uns 50.000, debilitando o exercito francés e incentivando as coalicións contra Francia.

Napoleón abdicou por primeira vez en abril de 1814 e foi exiliado na illa de Elba, preto de Italia. Pero regresou ao poder durante o período coñecido como os Cen Días (marzo-xuño de 1815). O seu segundo reinado rematou coa súa derrota definitiva na batalla de Waterloo (18 de xuño de 1815). Posteriormente, foi exiliado á illa de Santa Helena, no Atlántico Sur, onde morreu en 1821.


Un legado que subsiste...

Os princicipais aspectos que seguiron vixentes dos legado de Napoleón, posteriores ao seu imperio foron:

  • Difusión do Código Napoleónico, que influíu nos sistemas legais modernos.
  • Reorganización territorial de Europa, que inspirou os movementos nacionalistas no século XIX.
  • A consolidación de ideas revolucionarias como a igualdade xurídica e a soberanía popular.
  • Innovacións administrativas e educativas que seguiron sendo fundamentais en Francia.
  • ¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar