Comentario de texto

Discurso de investidura presidencial de F.D. Roosevelt

"A nosa máis ardua tarefa, a primeira, é facer que o pobo volva ao traballo. Non é un problema insoluble se nos enfrontamos a el con prudencia e valentía. Pode realizarse, en parte, mediante a contratación directa por parte do goberno, actuando como nun caso de guerra, pero, ao mesmo tempo, levando a cabo os traballos máis necesarios, a partir destas persoas contratadas, para estimular e reorganizar a utilización dos nosos recursos naturais."
                                                                                        F.D. ROOSEVELT, discurso de toma de posesión. 


- Podes explicar brevemente quen foi F.D Roosevelt?

Franklin Delano Roosevelt ou polas súas iniciais FDR, foi un político e abogado estadounidense que exerceu como 32º de Estados Unidos dende 1933 ata a súa morte en 1945.

- Como axudou o New Deal a saír da crise en EEUU?

O New Deal foi un conxunto de medidas impulsadas por Franklin D. Roosevelt para loitar contra a Gran Depresión (período de crise económica que comezou nos Estados Unidos en 1929 e estendeuse á maior parte do mundo durante a década de 1930, descendenco a produción industrial e comercio, e aumentanto o desempleo e a pobreza)                                                                             Esta iniciativa creou moitos postos de traballo públicos, mellorou a infraestrutura e fixo reformas financeiras. Estas medidas axudaron a restaurar a confianza no sistema económico, reducir o desemprego, e mellorar as condicións de vida dos cidadáns. 

- Quen o puxo en marcha?

O New Deal foi posto en marcha por Franklin D. Roosevelt cando se fixo presidente en 1933. A súa chegada á presidencia marcou un cambio importante na política económica dos Estados Unidos, cun enfoque de intervención do goberno na economía para superar a crise, no lugar de deixar todo no libre mercado. 

- Cal era o obxectivo destas medidas?

O obxectivo principal do New Deal era recuperar a economía dos Estados Unidos, reducir o desemprego e mellorar as condicións de vida (investindo en obras públicas, subvencionando a agricultura, mellorando condicións laborais, reestructurando o sistema financieiro). Tamén buscaba evitar futuras crises financeiras e mellorar o benestar social das persoas máis afectadas pola Gran Depresión. 

- Que conferencia ou encontro económico se convocou para intentar facer fronte á crise do 29? Tivo éxito?

A Sociedade de Nacións convocou en 1933 a Conferencia de Londres, onde se reuniu a representantes de 66 Estados para buscar solucións conxuntas á Gran Depresión. O seu obxectivo principal era  reducir o proteccionismo e fomentar o comercio internacional. Pero a conferencia fracasou, xa que cada nación se limitou a defender os seus propios intereses. 

- Por que esta crise económica tamén afectou a outros países do mundo? Que consecuencias políticas tivo?

A Gran Depresión afectou a outros países debido á interconexión global do comercio e das finanzas. A caída das exportacións dos Estados Unidos e a implementacion de aranceis proteccionistas fixeron que moitos países experimentasen recesións tamén. Políticamente, a crise levou ao ascenso de movementos autoritarios e totalitarios, como o fascismo en Italia e o nazismo en Alemaña, onde os gobernos aproveitaron o descontento popular para gañar poder. Estes cambios políticos aumentaron as tensións internacionais, o que contribuíu ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar