
Fernando VII e absolutismo
A loita dun rei polo absolutismo
O enfrontamento entre a Constitución de Cádiz (1812) e as medidas absolutistas de Fernando VII...
Fragmentos da Constitución Política da Monarquía Española (máis coñecida como C. de Cádiz ou de 1812):
- Soberanía Nacional: Artigo 3 da Constitución de 1812: "A soberanía reside esencialmente na Nación, e por iso pertence exclusivamente a ela o dereito de establecer as súas leis fundamentais". Este principio establece un marco democrático onde o poder teno e está no pobo organizado como nación.
_____________________________________________________________________________________________________________

- División de poderes: Nos artigos 15-17: "O poder de facer leis reside nas Cortes co Rei", "O poder de facer cumprir as leis reside no Rei", " A facultade de aplicar as leis nos asuntos civís e penais reside nos tribunais que estableza a lei". Nestes artigos a Constitución expón a separación de poderes do Estado. O lexislativo recae nas Cortes, o executivo no rei, e o xudicial nos tribunais independentes. Esta estrutura limitaba o poder do monarca, recoñecendo a importancia dos diferentes corpos nos que se depositaban os tres poderes principais do Estado.
Medidas absolutistas de Fernando VII:

- Restauración do absolutismo: En 1814, tras a derrota de Napoleón, Fernando VII volveu ao trono e aboliu a Constitución de Cádiz, declarando nula toda reforma das Cortes e restaurando o seu poder absoluto. Este retorno ao "Antigo Réxime" estableceu o control do rei sobre os poderes lexislativo, executivo e xudicial, ignorando calquera intento de división de poderes. _______________________________________________________
- Represión política: Durante a súa restauración, o monarca perseguiu os liberais que apoiaban a Constitución. Implementáronse tribunais que castigaban duramente calquera forma de desacordo político, reafirmando o carácter autoritario do seu reinado.
Simulación histórica: xuício a Fernando VII (feito en Canva)

A Guerra da Independencia: A rebelión contra o Imperio francés...
A Guerra da Independencia española (1808-1814) foi un conflito clave no inicio do século XIX, marcado por múltiples causas e profundas consecuencias para España.
As principais causas desta guerra están relacionadas co desprestixio da monarquía española de Carlos IV e ca política expansionista de Napoleón Bonaparte. En primeiro lugar, Napoleón desexaba invadir Portugal, polo que aproveitou a súa boa relación con Carlos IV e en 1807 asinaron o Tratado de Fontainebleau, que permitía ás tropas francesas atravesar España para invadir o seu país veciño. Napoleón aproveitou a oportunidade que se lle brindaba e decidiu invadir algúns territorios españois. Estos sucesos sumados co descontento xeral da poboación causaron o motín de Aranxuéz (marzo de 1080) e Carlos IV tivo que abdicar no seu fillo Fernando VII, co que tiña unha mala relación.
Napoleón aproveitou os problemas da familia real española, e convocouna en Baiona. Tras as abdicacións realizadas, o emperador francés converteu ó seu irmán Xosé Bonaparte en rei de España. O pobo español no aceptou o novo rei, e o 2 de maio de 1808 houbo unha sublevación popular en Madrid que desencadeou a Guerra da Independecia contra Francia, e dividiu o pobo en fernandiños (fieis a Fernando VII) e afrancesados (que recoñecían a Xosé Bonaparte como rei).
Tras un longo período de contentas, as tropas española lograron derrotar e expulsar definitivamente o exército francés. A pesar da súa victoria, as consecuencias desta guerra foron desvastadoras para España. Por unha parte, España sufriu unha enorme destrución debido ás batallas, moitas cidades quedaron arrasadas e a economía ficou paralizada. Por outra parte, o conflito debilitou a monarquía e abriu o camiño para o debate entre absolutismo e liberalismo. Durante a guerra, as Cortes de Cádiz (1812) proclamaron unha constitución liberal, a primeira da historia de España, aínda que foi abolida tras a volta de Fernando VII. Ademais, a guerra marcou o comezo do final do Imperio español, pois moitas colonias americanas aproveitaron a debilidade do reino para iniciar o proceso de independencia.